O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de xuño de 2012

Inmersión lingüística

Quinto ano consecutivo dunha cita máis que consolidada entre o IES Agra de Orzán e o IES Carlos Casares

J. Fouz - C. Ferreiro |  Nestas pasadas xornadas do 31 de maio e 1 de xuño, recibimos a xa tradicional visita das compañeiras e compañeiros do IES Agra do Orzán de A Coruña. 37 estudantes de 1º de ESO, encabezados polos profesores Emilio e Tito, coñeceron o noso centro, e fixeron unha breve visita pola nosa bisbarra. No tempo que estiveron con nós, houbo espazo para xogos cooperativos e dinámicas de presentación no patio, con Pablo Cuervo, percorridos pola morrena glaciar de Chaguazoso, de mans de Luis Fernández, Carlos e Luis Crende, ou obradoiros de Mediación, dirixidos por Susana e coa colaboración inestimable das nosas alumnas mediadoras de 2º de ESO, Ana Manceno, Ana Martínez, Tania Yáñez e Laura Martínez. Como sempre nestes últimos cinco anos foron dúas xornadas festivas, de coñecemento mutuo, que terán continuidade na nosa devolución da visita, alá polo vindeiro mes de outubro. Grazas, compañeir@s...


Ningún comentario:

Publicar un comentario